A COOPERATIVA


                                      15 de xaneiro de 2020

    Como xa vos contamos este curso puxemos en marcha unha cooperativa ecolóxica infantil na que producimos libretas artesanais que decoramos con teas de roupa vella. Fixemos un vídeo para explicar as diferentes fases de montaxe. Temos mesmo un equipo que se ocupa do control de calidade.  Animámosvos a mirar o vídeo e esperamos que vos guste.



 



                                               Novembro 2019

 Este curso constituimos unha cooperativa ecolóxica infantil. Todas as decisións tómanse en grupo por votación. Entre as primeiras votacións estiveron o deseño do logo, a elección de cargos e as ONG a onde destinaremos gran parte dos nosos beneficios.

     Das votacións sobre cargos este é o resultado:


  • PRESIDENTE: Tomás
  • VICEPRESIDENTE: Samuel
  • TESOREIRO : Nicolás
  • SECRETARIA : Antía S.
  • VOCEIROS: Luís e Claudia.

  Podedes ver os nosos ESTATUTOS AQUÍ



Cooperativa naturoides de Miriam Leiros


FOTO DE FAMILIA RECOLLENDO O NIF NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA:




No hay comentarios:

Publicar un comentario