lunes, 2 de marzo de 2020

HOMENAXE ÁS MULLERES ACTIVISTAS MEDIOAMBIENTAIS NO 8 DE MARZO


  Con motivo do 8 de Marzo que é o Día da Muller, fixemos un traballo por parellas de investigación sobre mulleres activistas polo medio ambiente. Xuntamos todas as investigación e fixemos unha pequena presentación. Logo disto imprimimos os traballos para facer un mural que puxemos na entrada do cole para que o vexan os demáis.

  Esta é a nosa pequena homenaxe a estas mulleres e a todas as mulleres do mundo , podedes ver a presentación completa AQUÍ.

  Por outra banda queremos aproveitar este día para sinalar o
     ODS 5 : IGUALDADE DE XÉNERO.:
   

  • Eliminación da violencia contra as mulleres e nenas.
  • Eliminación de todas as formas de discriminación contra as mulleres.
  • Dereito a decidir o número de fillos e o espaciamento entre eles.
  • Dereito a condicións de traballo xustas e favorables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario